A estratexia da OIE trata a ameaza da resistencia aos axentes antimicrobianos nos animais

Os servizos veterinarios cumpren un papel esencial na loita contra a ameaza crecente que representa a resistencia aos antimicrobianos.

A sanidade e o benestar animal dependen da dispoñibilidade, efectividade e uso adecuado de produtos antimicrobianos de calidade. A OIE publicou recentemente a súa Estratexia sobre a resistencia aos antimicrobianos e o uso prudente de antimicrobianos para enfrontar a ameaza que supón a resistencia aos antimicrobianos.

Os servizos veterinarios cumpren un papel esencial na loita contra a ameaza crecente que representa a resistencia aos antimicrobianos e alenta o uso e a xestión prudentes dos produtos antimicrobianos nos animais, de conformidade coa Estratexia da OIE sobre a resistencia aos antimicrobianos dada a coñecer pola Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE). A OIE, a organización de referencia internacional para as normas relacionadas coa sanidade animal e as enfermidades zoonóticas, traballa cos seus 180 Países Membros para combater a resistencia aos antimicrobianos, en particular, a través do desenvolvemento dunha variedade de normas internacionais na materia.

A Estratexia da OIE céntrase en catro obxectivos e describe os plans de traballo xa iniciados e en desenvolvemento destinados a apoiar aos Países Membros na prevención da ameaza da resistencia antimicrobiana. Estes catro obxectivos son:

Mellorar a concienciación e a comprensión
Reforzar os coñecementos a través da vixilancia e a investigación
Apoiar a boa gobernanza e o reforzo de competencias
Promover a aplicación de normas internacionais

Como parte desta Estratexia, a OIE está a desenvolver unha base de datos para establecer unha vixilancia mundial sobre o uso de antimicrobianos nos animais. A base de datos busca:

Facer o seguimento do tipo e uso de produtos antimicrobianos
Medir as tendencias ao longo do tempo
Rastrexar a circulación e os modelos de utilización a escala mundial
Avaliar a calidade e autenticidade dos produtos antimicrobianos que se utilizan

Máis información