Formación sobre receita electrónica veterinaria

Xornada sobre a plataforma Prescrivet, previa á súa introdución con carácter estatal.

Persoal ao servizo dos Colexios de Veterinarios da Coruña, Albacete, Ciudad Real, Cuenca, Huesca, Las Palmas, Pontevedra, Tarragona, Tenerife e Zaragoza participaron recentemente nunha xornada formativa sobre a plataforma de receita electrónica veterinaria Prescrivet previa á súa implantación con carácter nacional.

Durante a xornada tratáronse os novos procesos administrativos de xestión de usuarios da plataforma que desde os Colexios deberán xestionar, así como unha introdución ás funcións administrativas e de control que eses Colexios poderán exercer sobre a plataforma.

O programa de traballo, que dirixiu José Luis Abuelo, enxeñeiro responsable da sociedade Simply Smart desenvolvedora da plataforma electrónica, tratou os seguintes puntos:

-A firma electrónica e o Colexio como punto de verificación.
-A firma electrónica e a solicitude de certificados.
-Introdución a Prescrivet: funcionalidades e roles de usuarios.
-Procesos de alta e administración de veterinarios colexiados, equipos veterinarios, dispensadoras comerciais, titulares de explotación e farmacéuticos asociados.
-Procesos de xestión de documentación asociada a Prescrivet.
-Soporte ao Colexio e soporte ao usuario de Prescrivet.

A Oorganización Colexial Veterinaria estuda a conveniencia de realizar, no ámbito dos Colexios ou dos Consellos Autonómicos, talleres de formación dirixidos a colexiados e dispensadoras comerciais e gandeiros.

Na web do Consello Xeral pódense consultar os manuais e calquera tipo de cuestión relativa á receita electrónica Prescrivet: http://prescrivet.net/